
Encontros Técnicos sobre Infraestruturas Verdes.

A pesares da vontade xeral por integrar as solucións baseadas na natureza no espazo público para mellorar o benestar das persoas, a miúdo esta vontade topa con trabas na súa aplicación práctica a nivel local: falta de previsión na planificación do solo, barreiras técnicas, legais e administrativas ou falta de respaldo social. A elas súmanse a miúdo as dificultades no acceso a financiamento ou na xestión e xustificación das axudas recibidas.
O obxectivo principal destas xornadas é avanzar cara unha praxe común que permita aos concellos sobrepoñerse a todos estes obstáculos, unha praxe que faga viable a integración da infraestrutura verde nos espazos públcos de xeito realista, para acadar un hábitat máis resiliente e inclusivo.
Estudaremos conxuntamente solucións técnicas innovadoras e aplicacións prácticas do uso da natureza en entornos urbanos de distinta escala para mellorar a habitabilidade dos espazos, e para reducir a vulnerabilidade ante os riscos climáticos. Profundizaremos nos criterios de deseño e nos mecanismos que permiten viabIilizar os proxectos, tanto a nivel técnico como económico, e en liña co marco regulatorio e de financiamento actual a nivel europeo, estatal e autonómico.

A quen están dirixidas as xornadas?
Persoal técnico e administrativo dos concellos, especialmente o relacionado coas áreas de Medio Ambiente, Urbanismo, Infraestruturas, Planificación económica e Desenvolvemento Local. Cargos políticos destas áreas. Profesionais que traballen na integración da natureza na planificación urbana e territorial, nas infraestruturas e na edificación. Tecido asociativo e poboación en xeral con interese nestas materias.
As persoas asistentes que o soliciten recibirán un xustificante de asistencia ás xornadas.
Programa
Mércores 15 outubro 2025. Innovación e visión de futuro
9.15h. Recepción de asistentes
9.30h. Presentación Institucional [Deputación de A Coruña]
9.45h. Religarse al territorio [Albert Cuchí]
10.45h. Planificación das infraestruturas verdes [Javier GonzáleZ ]
11.30h. Infraestruturas verdes: Da estratexia á intervención física [Valerio González]
12.15h. Descanso
12.45h. Mesa redonda de Inovación.
> Sergio París (CEIDA)
> Isabela Velázquez (Gea 21)
> Daiane Trevisan (CETIM)
> Manuel Soto (UdC)
> Martiño Cabana (AGCT)
> Antonio Tucci (Agricultura Rexenerativa)
Diferentes disciplinas debatirán sobre os vectores de innovación darredor das infraestruturas verdes e a súa transferencia ás distintas capas da sociedade.
14.45h. Peche da sesión e conclusións
A partir das 16.30h:
Sobremesa técnica: debate aberto e informal con poñentes
Martes 21 outubro 2025. Planificación e financiamento
9.15h. Recepción de asistentes
9.30h. Presentación da xornada [Lorena Solana, CICCP]
9.45h. Urbanismo Bioclimático y Ciudad Saludable [Ester Higueras]
10.45h. Integración de las Infraestructuras verdes en la planificación de ciudades. De la Planificación al Proyecto, el caso de Madrid [Silvia Villacañas]
11.45h. Descanso
12.15h. Invertir en verde: claves de financiacmento para as administracións locais [Luis Touriño]
13.00h. Desafíos na xestión local de proxectos medioambientais [Rafael Castro]
13.45h. Financiamento: Debate e dúbidas
14.30h. Peche da sesión e conclusións
A partir das 16.45h:
Sobremesa técnica: debate aberto e informal con poñentes
Xoves 30 outubro 2025. Implementación e Aplicacións prácticas
9.00h. Recepción de asistentes
9.15h. Presentación da xornada [Representante do COAG]
9.30h. Tramos urbanos de ríos: Retos y oportunidades en la renaturalización [Francisco Durán]
10.00h. Implantación y seguimiento de un Plan de Gestión de arbolado en un municipio; el tamaño importa. [Inma Gascón]
10.30h. Experiencias de deseño e renovación do espazo público urbano [Eduardo Cruz]
11.00h. Exemplos de Implementación [Teresa Calix]
11.30h. Descanso
12.00h. Nuevas Infraestructuras Verdes, casos prácticos de ejecución: SUDS, S. Estocolmo, Jardines de lluvia y Tecno Suelos. [Marta Nosti e Charo Vallano]
12.30h. Tratamiento de aguas pluviales recolectadas en sistemas de drenaje urbano sostenible. [Daphne Hermosilla]
13.00h. Mesa redonda e de traballo cos poñentes:
Caso práctico de integración das SbN en cascos urbanos e en novos desenvolvementos. (Moderan Santiago Brandón e Luis Rodríguez, da Área de infraestruturas do Concello da Coruña)
14.30h. Peche da sesión e conclusións
A partir das 16.45h:
Sobremesa técnica: debate aberto e informal con poñentes
